Na Costa da Morte, coas persoas.
Máis Porvir Xestión Social Falamos?
Coidamos os espazos

Coidar un lugar é coidar a súa xente.

Lugares coidados para traballar, convivir e desfrutar.

Unha traballadora de Máis Porvir limpando os lavabos dun centro

Limpeza de espazos

Un edificio, unha rúa ou un xardín son espazos que usamos todos os días. O servizo de limpeza abrangue edificios, centros públicos, lugares de traballo e espazos exteriores. Tamén ofrecemos limpezas particulares, limpezas de fin de obra e actuacións ligadas a celebracións e eventos públicos.

Para quen é?

Empresas, concellos, centros públicos, entidades, particulares e comunidades de propietarios que precisan limpeza dos seus espazos.

Que podemos facer

  • Limpeza de edificios e lugares de traballo:atención a oficinas, centros públicos e instalacións, adaptada á actividade de cada lugar.
  • Limpezas particulares:limpeza de vivendas, cociñas, baños, portais, escaleiras e zonas comúns.
  • Limpeza viaria:varrido e limpeza de rúas, prazas e beirarrúas, recollida de pequenos residuos e limpeza de xardíns e espazos públicos.
  • Limpeza de celebracións e eventos:actuacións antes ou despois da celebración para preparar e deixar coidado o espazo.
  • Limpezas de fin de obra:limpeza a fondo tras obras ou reformas, con retirada de po e restos de sucidade en chans, superficies e cristais para deixar o espazo listo para usar.
  • Organización das tarefas e da frecuencia:definición das zonas, os percorridos e os horarios, tanto para actuacións puntuais como para mantemento periódico, segundo dispoñibilidade.

Así o organizamos contigo

O tipo de espazo, o seu uso e a frecuencia necesaria axudan a definir o traballo. Antes de comezar, concretamos as zonas, as tarefas e os horarios da proposta para que a limpeza encaixe coa actividade do lugar.

Consulta o alcance de cada actuación e o seu orzamento.

Unha dúbida habitual

Podo consultar unha actuación puntual?

Si. Indica o espazo, a data e o traballo que necesitas para consultar a dispoñibilidade e recibir unha proposta.

01 /

Cóntanos

Que necesitas, onde e para quen. O primeiro é entender a túa situación.

02 /

Concretamos

Falamos dos apoios, as tarefas e as condicións para preparar unha proposta.

03 /

Poñémonos en marcha

Unha vez acordado o servizo, organizamos o traballo contigo.