Abrimos portas. Coidamos espazos.
A atención que fai que un espazo funcione.

Conserxería
As entradas e saídas dun centro precisan organización e atención. Máis Porvir presta servizos de conserxería en centros educativos, con tarefas de apertura de portas e supervisión dos accesos nos horarios de entrada e saída.
Para quen é?
Centros educativos, administracións e organizacións que buscan apoio na atención dos seus accesos.
Que podemos facer
Así o organizamos contigo
Para preparar a proposta, falamos sobre o funcionamento do centro: que accesos ten, en que horarios hai máis movemento e que tarefas se necesitan. Así pódese definir unha colaboración clara e adaptada ao espazo.
As funcións específicas e a cobertura horaria concrétanse na proposta.
Unha dúbida habitual
Pódese adaptar aos horarios do centro?
Os horarios e as tarefas son parte da proposta que se concreta coa entidade. Cóntanos a organización do teu centro para consultar as opcións.
Cóntanos
Que necesitas, onde e para quen. O primeiro é entender a túa situación.
Concretamos
Falamos dos apoios, as tarefas e as condicións para preparar unha proposta.
Poñémonos en marcha
Unha vez acordado o servizo, organizamos o traballo contigo.
