Que son as cookies
Son pequenos ficheiros que un sitio pode gardar no navegador para lembrar unha sesión ou outras informacións. Poden ser propias ou de terceiros e durar só unha sesión ou permanecer durante un prazo determinado. Tecnoloxías como o almacenamento local tamén poden gardar información no dispositivo.
O responsable desta web é Mais Porvir Xestion Social, S.L.U., NIF B70380019. Podes consultar os seus datos no aviso legal e contactar en [email protected].
Cookie técnica do panel de noticias
- Nome
maisporvir_editor- Responsable
- Máis Porvir, no dominio desde o que se serve a web.
- Finalidade
- Manter a sesión de acceso ao panel e os controis de seguridade dos seus formularios. Non se utiliza para publicidade nin estatísticas.
- Cando se instala
- Ao acceder á zona privada de administración; a navegación pública por si soa non a require.
- Duración
- Cookie de sesión, sen unha data de caducidade persistente. A autenticación caduca tras 30 minutos de inactividade ou un máximo de 8 horas. Ao pechar sesión solicítase a eliminación da cookie; algúns navegadores poden restaurar cookies de sesión ao reabrirse.
- Tipo
- Propia e estritamente necesaria para o acceso solicitado ao panel.
As cookies técnicas necesarias para un servizo solicitado están exceptuadas da autorización previa nos termos do artigo 22.2 da LSSI. Se as bloqueas, o panel pode deixar de funcionar.
Google Maps: só se o aceptas
A páxina de contacto mostra inicialmente a dirección e unha opción para cargar o mapa. Ata que premes «Aceptar e cargar o mapa», non se crea a conexión do mapa con Google.
Ao aceptalo, cárgase un contido de Google Maps, xestionado por Google Ireland Limited e outras entidades de Google. Google pode empregar cookies e tratar datos técnicos e de uso para prestar o servizo e para as finalidades descritas nas súas políticas. As cookies concretas e os seus prazos dependen da configuración de Google, da sesión que teñas aberta e do navegador; non as determina Máis Porvir.
Consulta a información de Google sobre cookies, finalidades e duración e a súa política de privacidade, incluída a información sobre tratamentos fóra do Espazo Económico Europeo.
Como cambiar a túa elección
Podes escoller «Continuar sen mapa» e usar a web coa mesma normalidade. Se aceptaches cargalo, o botón «Desactivar o mapa» retira o contido incrustado e interrompe as novas conexións dese mapa nesta páxina. Podes activalo de novo cando queiras.
Desactivar o mapa non elimina as cookies que Google xa puidese gardar nin desfai tratamentos anteriores. Para eliminalas, utiliza a configuración do navegador. A elección non se conserva entre visitas.
Tamén podes abrir «Como chegar» nunha nova pestana; nese caso visitas directamente un servizo de Google, coas súas condicións.
Máis información e cambios
A política de privacidade explica o tratamento dos datos e os teus dereitos. A guía sobre cookies da AEPD ofrece información adicional.
Esta páxina actualizarase se se incorporan ferramentas ou cambian as cookies. Cando sexa necesario, solicitarase a túa autorización antes de activar novas finalidades non necesarias.
