
Máis Porvir Xestión Social queremos sumar a nosa voz á de toda a sociedade para rexeitar calquera forma de violencia e reafirmar o noso compromiso firme coa igualdade real de oportunidades. Como Centro Especial de Emprego, sabemos de primeira man que o emprego digno, a autonomía persoal e a contorna laboral segura son ferramentas fundamentais para empoderar ás mulleres, especialmente ás mulleres con discapacidade, que a miúdo afrontan unha dobre discriminación e unha maior situación de vulnerabilidade. Desde a nosa entidade seguiremos traballando cada día para crear espazos laborais inclusivos, seguros e respectuosos, onde todas as persoas poidan desenvolver o seu proxecto de vida en plena liberdade e igualdade.
