Na Costa da Morte, coas persoas.
Máis Porvir Xestión Social Falamos?
Servizos

Coidado e mantemento profesional de xardíns: Creados para medrar

En Máis Porvir ofrecemos un servizo integral de mantemento de xardíns e desbroces para particulares, comunidades e empresas. O noso traballo céntrase en coidar as zonas verdes e limpar parcelas con profesionalidade, á vez que xeramos un impacto social positivo ao fomentar o emprego digno e a inclusión de persoas con discapacidade. Un xardín coidado dá a mellor imaxe!

Servizos
Coidado e mantemento profesional de xardíns: Creados para medrar

Na nosa entidade apostamos pola excelencia e o coidado da noso contorno. Ofrecemos un servizo integral de mantemento de xardinería e desbroces, pensado tanto para particulares e comunidades de veciños como para empresas e institucións que buscan espazos verdes coidados, seguros e agradables durante todo o ano.

O noso traballo non consiste só en cortar a céspede ou limpar parcelas; trátase de dar vida e harmonía a cada recuncho, aplicando criterios de sostibilidade e profesionalidade.

Os nosos servizos especializados: Mantemento integral de zonas verdes: Coidado periódico e preventivo de xardíns, mantendo a saúde e beleza das pradeiras, arbustos e plantas.

Desbroces e limpeza de parcelas: Retirada de maleza, limpeza de fincas para mellorar a estética e accesibilidade do espazo.

Valor social e profesional: Cada servizo realizado co noso equipo apoia directamente a integración laboral e o emprego digno de persoas con discapacidade, xerando un impacto positivo real na nosa comunidade.

Un xardín coidado transmite a mellor imaxe do teu negocio ou fogar. Confía en nós para facer crecer o teu verde!

Volver ás noticias

O seguinte paso? Falamos.

Cóntanos que necesitas. Buscaremos como axudarche.

Imos falar